A Hemeroteca Virtual da Academia pon a disposición do usuario para a súa consulta directa máis de sesenta cabeceiras históricas da prensa galega do século XIX e de primeiros do XX. Con máis de 7000 páxinas reproducidas dixitalmente e un índice de máis de 1700 autores, a Hemeroteca Virtual da Academia constitúe un dos fondos hemerográficos en liña máis extensos de Galicia, e unha fonte de información moi valiosa para o estudo do proceso de conformación da nosa cultura.
Para a dixitalización deste fondo, a Real Academia Galega contou coa colaboración do Ministerio de Cultura e da Fundación Barrié de la Maza.
Para probas máis exhaustivas utilice Repository Explorer.